Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O V Torneo de Tenis Eurocidade rematará este fin de semana nas pistas de tenis de Tui e Valença

Undefined

O próximo sábado 29 e domingo 30 de setembro, as pistas de tenis de Tui e Valença, acollerán os partidos finais do V Torneo de Tenis da Eurocidade, organizado polo Club Tenis Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. Participaron ao longo de todo o torneo máis de 150 tenistas nas distintas categorías establecidas pola organización.

Os horarios das finais serán as seguintes:

Sábado 29

Pistas de Tenis de Areas

            09.30 h – Semifinais dobres masculino

            11.00 h – Final Benxamín

Tui celebra mañá VIII Festa do Miño

Undefined

Mañá sábado, 18 de agosto, celébrase a VIII Festa do Miño, cun amplo programa ao longo da xornada que combina gastronomía, música, deporte, natureza… e no que o río Miño será o gran protagonista.

A VIII Festa do Miño comezará ao mediodía cunha romaría popular na ribeira de Caldelas. Dende este punto sairán ás 16h os 850 inscritos no VIII Descenso Popular do Miño, baténdose este ano un novo record de participación.

Máis de 1400 persoas participarán no Descenso Internacional e no Popular o sábado 18 de agosto

Undefined

O río Miño será o protagonista o próximo sábado, 18 de agosto, en Tui coa celebración do 47º Descenso Internacional do Miño e o 8º Descenso Popular do Miño organizado polo Club Kaiak Tudense Axuda Paramos, o Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. As dúas probas reunirán a máis de 1400 padeeiros batendo todo un récord de participación a catro días de que se peche a inscrición.

Mañá preséntase o XLVII Descenso Internacional do Miño e o VIII Descenso Popular do Miño

Undefined

Mañá mércores, 8 de agosto, ás 11.30 horas, fronte ao pantalán da instalación do Centro Municipal de Piragüismo de Tui, realizarase a presentación do XLVII Descenso Internacional do río Miño e do VIII Descenso Popular do Miño, probas organizadas polo Club Kaiak Tudense-Axuda Paramos, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, que terán lugar o sábado 18 de agosto.

Unha andaina nocturna unirá este sábado os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Unha andaina nocturna unirá este sábado, 28 de xullo, os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença, o Monte Aloia e o Monte Faro, á luz da lúa chea. Será un percorrido de 17 de quilómetros, de dificultade doada, que comezará ás 23.30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro.  Esta novidosa proposta forma parte do calendario de Andainas Saudables da Eurocidade.

Máis de 100 nenos e nenas participarán na primeira quenda do Campamento de Verán do Concello de Tui

Undefined

O Campamento de Verán do Concello de Tui dará comezo o próximo luns, 16 de xullo, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, coa primeira quenda, que rematará o martes 31 de xullo.

Nesta quenda participarán máis de 100 nenos e nenas, que realizarán diferentes actividades deportivas e de lecer, nos espazos habilitados no noso concello.

O campamento dará comezo ás 09.00 horas, aínda que os monitores estarán na aula matinal dende as 08.00 horas, para todos os pais e nais que así o solicitaran.

Pages

Subscribe to RSS - Deportes