Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación da XI Eurocidade BTT que forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024

Undefined

Mañá mércores, 6 de marzo, ás 12.00 horas españolas, na rúa Olímpicos Tudenses xunto aos  Centros Municipais de Piragüismo e Remo, terá lugar a presentación da XI Eurocidade BTT. Esta proba de ciclismo de montaña está organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. Celebrarase o domingo 17 de marzo.

O tudense Víctor Aparicio Abundancia deseña o cartel das Festas de San Telmo 2024

Undefined

O Concello de Tui aposta por un cambio na elaboración do cartel anunciador das festas de San Telmo, que dende este ano será encargado a creadores e creadoras tudenses. Deste xeito búscase reforzar este formato tendo en conta a importancia que o mesmo ten coma elemento comunicador e de atracción destas festas declaradas de Interese Turístico Galego.

Tui presenta unha Guía de Separación de Residuos

Undefined

O Concello de Tui aposta por realizar cada vez unha mellor xestión dos residuos xerados a nivel doméstico, fomentando a separación e reciclaxe. Continuando con esa liña de traballo o próximo xoves, 22 de febreiro, ás 17 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (entrada porta 4) a presentación da Guía de Separación Residuos. Esta publicación, elaborada polo Concello de Tui, ten por obxectivo aportar, de xeito sinxelo e visual, información  sobre onde depositar os  distintos tipos de residuos.

O Concello de Tui abre unha consulta pública previa a elaboración dunha nova ordenanza do taxi

Undefined

O Concello de Tui vén de abrir unha consulta pública ante a elaboración dunha nova ordenanza municipal do Servizo de Taxi acorde coa normativa autonómica e que responda ás necesidades actuais da cidadanía e do propio colectivo de profesionais do taxi.  Durante quince naturais poderán presentar por rexistro, mediante

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lamenta o emprego electoralista do PP dunha medida clave para Tui

Undefined

O equipo de goberno do Concello de Tui lamenta profundamente o rédito electoral que pretende sacar o Partido Popular de Galicia da aprobación do Plan de dinamización da área REXURBE cando se trata dun proxecto impulsado polo Concello de Tui e froito do traballo realizado polos técnicos municipais e polos profesionais contratados polos tudenses para a súa elaboración.

Tui recibe case 140 mil euros da Deputación para reparar os danos causados polas inundacións provocadas polo temporal do fin de ano de 2022/23

Undefined

O Concello de Tui vai recibir unha subvención de 139.488 € da Deputación de Pontevedra para reparación de danos causados polas inundacións rexistradas entre o 24 de decembro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2023. Será ao abeiro da convocatoria de axudas realizada pola institución provincial para concellos da provincial.

Trece eventos deportivos reunirán máis de 7 mil persoas na Eurocidade Tui-Valença este 2024

Undefined

Trece eventos deportivos que se van desenvolver entre os meses de febreiro e decembro conforman o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença que foi presentado este mediodía na Cámara Municipal de Valença. Prevese que participen nestas actividades deportivas máis de 7 mil persoas.

Presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024

Undefined

Mañá mércores, 7 de febreiro, ás 12.00 horas españolas, no salón de plenos do edificio da Cámara Municipal de Valença, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024, que contará con 14 eventos deportivos, organizados por diferentes asociacións deportivas de Tui e Valença, así como por empresas especializadas.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía