Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación do Festival de Outono de Corais de Tui

Undefined

Mañá, venres 6 de outubro, ás 11h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación do Festival de Outono de Corais de Tui, que se celebra o vindeiro mércores, 11 de outubro.

A presentación correrá a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde; Mª José González, concelleira de Ensino; José Manuel Martínez González, presidente da Coral Centro Social; Vicente Álvarez Fernández, tesoureiro da Coral San Telmo; e Marta Rodríguez, presidenta da Coral Ponte das Febres.

A corporación municipal de Tui celebra pleno este xoves 28 de setembro

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 28 de setembro, ás 20h pleno de carácter ordinario con 16 puntos a orde do día. Estes son os asuntos a tratar:

  1. Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº7, de 27 de xullo.

2º.- Toma de posesión de Dona María Jesús Da Silva Fernández á vista da Credencial remitida pola Xunta Electoral Central.

Este sábado terá lugar en Tui o Forum Peregrino “Os Camiños de Santiago en Galicia”

Undefined

O Centro de Interpretación do Camiño, situado no antigo Convento de San Domingos, será o escenario este sábado, 30 de setembro, do Forum Peregrino “Os Camiños de Santiago en Galicia”, organizado por Iacobus Tui e Baixo Miño, o Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra.

Tui conta cunha nova senda sinalizada de dez quilómetros de lonxitude

Undefined

A senda da Pedra Santa, cunha lonxitude de 9.995 metros, súmase á rede de sendeiros cos que conta o concello de Tui debidamente sinalizados e identificados. O Concello de Tui vén de colocar nos últimos días os carteis explicativos do percorrido e de limpar un pequeno tramo do mesmo logo de que o club AndaTui levase a cabo a súa sinalización en branco e verde, por tratarse dunha senda local de menos de 10 quilómetros de acordo as marcas federativas.  

A mellora de infraestruturas, o embelecemento da cidade, e a recuperación do patrimonio centran os proxectos do Plan Concellos 2017

Undefined

A mellora de infraestruturas coma instalacións municipais e viais, o embelecemento da cidade, e a recuperación do patrimonio  centran os proxectos que o concello de Tui está a executar con cargo ao Plan Concellos 2017, do que recibe un millón de euros da Deputación de Pontevedra.

Regulamento orgánico municipal do Concello de Tui

Regulamento orgánico municipal do Concello de Tui aprobado en pleno o 25 de xaneiro de 2012 e publicado no BOP Nº 31 do 14 de Febreiro 2012

En sesión plenaria ordinaria celebrada o 30 de xullo acordouse deixar sen efecto o Regulamento orgánico municipal do concello de Tui, aprobado definitivamente en sesión plenaria ordinaria de 25 de xaneiro de 2012. Publicado no BOPPO nº 156 do 14 de agosto de 2015.

 

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía