Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Satisfacción polo comezo das obras para instalación dun ascensor no CEIP de Guillarei

Undefined

O Concello de Tui, a través da concelleira de Educación do Concello de Tui, Mila González, amosa a súa satisfacción logo de que a pasada semana teñan comezado as obras para instalación dun ascensor no CEIP de Guillarei.  Esta foi unha das solicitudes que tanta ela coma o alcalde, Carlos Vázquez Padín, presentaron o pasado mes de febreiro ao xefe territorial de Educación, César Pérez, no encontro que mantiveron na delegación da Xunta en Vigo.

Ás 13h inaugúrase o novo comedor escolar no CEIP nº2 de Tui

Undefined

Ás 13h de hoxe luns, 30 de abril, terá lugar a inauguración do novo comedor escolar do CEIP nº2 de Tui. Dende hoxe os alumnos deste centro educativo que acoden a este servizo xantarán xa nas novas instalacións na antiga casa do mestre que foi reformada para albergar estas novas instalacións.

Á inauguración deste mediodía acudirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González.

A mellora da interrelación da beira do río coa cidade obxecto dun concurso internacional de ideas

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, presentou esta mañá xunto ao presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo e ao vogal da Xunta de Goberno do COAG, Simón Pereiro, a proposta preliminar de convocatoria dun concurso internacional de ideas de reordenación do fronte fluvial. Tamén estivo presente o concelleiro Antonio Castro,

Mañá ás 12h presentación do concurso internacional para reordenar a beira urbana do río en Tui

Undefined

Mañá mércores, 25 de abril, ás 12h, na sala de reunións da casa do concello de Tui o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Davila, presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo e Simón Pereiro, vogal da Xunta de Goberno do COAG presentarán o concurso internacional de ideas para reordenar a beira do río Miño dende a vella Ponte Internacional até a Alameda de San Domingos.

O Concello de Tui e o COAG convocarán un concurso internacional para reordenar a beira urbana do río en Tui

Undefined

O próximo mércores, ás 12h, na casa do Concello de Tui o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a unha representación do COAG, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, presentarán o concurso internacional de ideas para reordenar a beira do río Miño dende a vella Ponte Internacional até a Alameda de San Domingos.

Tui acollerá do 26 de abril ao 1 de maio Play Doc, o festival internacional de documentais de Tui

Undefined

Tui acollerá do 26 de abril ao 1 de maio a décimo cuarta edición de Play-Doc, o festival internacional de documentais de Tui.  Unha cita referente a nivel internacional no mundo do audiovisual que ofertará unha ampla programación que terá a súa sede central no Teatro Municipal da Área Panorámica.  O festival foi presentado oficialmente esta mañá polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ao director da AGADIC, Jacobo Sutil; o deputado de Cultura, Xosé Leal; a responsable da programación de cinema galego, Beli Martínez, e o codirector

A consignación de 314 mil euros para a apertura sur da rúa Ourense irá a pleno a finais de mes

Undefined

No pleno ordinario deste mes de abril presentarase para a súa aprobación a consignación orzamentaria de 314 mil euros para executar as obras de apertura da rúa Ourense en sentido sur no enlace coa rúa Colón e Augusto González Besada. Esta consignación farase con cargo ao remanente de tesourería, xa que aínda que pleno aprobada xa anteriormente o destino destes cartos para esta finalidade ao non executarse antes do 31 de decembro de 2017 é preciso volver realizar a reserva desta cantidade.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía