Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá martes proseguen as festas de San Telmo con actividades infantís, canto coral e teatro

Undefined

“Xogando coa música” é o título do obradoiro que Chirlomirlo vai realizar mañá martes, de 11 a 13h na Área Panorámica dentro das actividades infantís das festas de San Telmo.  Os cativos, dende os 3 anos, fabricarán instrumentos de vento, corda e percusión con distintos materiais.

Xa pola tarde, ás 16h, Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle a segunda proxección de cinema con En Un Tris Tras e a película “Batman. La Lego Película”.

Actividades infantís, canto coral e teatro nas festas de San Telmo o luns 2 de abril

Undefined

Hoxe luns, 2 de abril, comezan as actividades infantís  que se van a celebrar cada mañá até o venres na Área Panorámica para nenos dende os 3 anos en horario de 11 a 13h da man de Chirlomirlo.  A primeira proposta chega baixo o título de “Teatro reciclado”. Na mesma os cativos crearán personaxes, marionetas, con calcetíns, goma eva, botellas de plástico... e logo levarán a cabo unha pequena representación de teatro de monicreques.

Tui prepárase para celebrar dez días de festa na honra a San Telmo

Undefined

Nunha semana, o sábado 31 de marzo, comezan oficialmente as festas na honra a San Pedro González Telmo que se van celebrar en Tui até o luns 9 de abril. O programa de festexos foi presentado esta mañá polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a todo o equipo de goberno, Antonio Castro, Estrella Carmen Muradas, Yovana Velázquez, Mila González, Andrés Urseira e Mª Jesús Silva.

Este venres preséntase o Festival do Meixón

Undefined

Este venres, 23 de marzo, ás 11h no Teatro Municipal de Tui, na Área Panorámica, terá lugar a presentación do Festival do Meixón que se vai celebrar en Tui do 24 de marzo ao 9 de abril.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a membros do equipo de goberno, os restauradores participantes no evento, e empresas colaboradoras.

A modificación do PXOM para que os PERI’s de San Bartolomeu volvan ser núcleo rural será un dos proxectos que se soliciten ao abeiro do Plan Concellos

Undefined

A modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui para que os PERI’s de San Bartolomeu volvan ser considerados núcleo rural,  será un dos proxectos que o equipo de goberno de Tui, presidido por Carlos Vázquez Padín, presente ao Plan Concellos da Deputación para o seu financiamento.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía