Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.

Tamén se poden cursar estudos regrados de idiomas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas ou de música no Conservatorio Profesional de Grao Medio.  

A ampla oferta de actividades de extensión universitaria na Aula da UNED, cursos de formación ocupacional no Centro Municipal de Formación forman parte da oferta educativa tudense, que se completa cos cursos promovidos por distintas asociacións e entidades ao longo do ano. 

O Concello de Tui inviste máis de 100 mil euros nos centros educativos

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, supervisaron esta semana as obras que se están a realizar nos distintos centros educativos do municipio aproveitando as vacacións escolares. Estes traballos suporán un investimento superior aos 100 mil euros tanto de fondos propios coma do plan Concellos da Deputación.

O quinto Faladoiro de Educación abordará o tema “Educando en positivo”

Undefined

“Educando en positivo”  é o título do Faladoiro en Educación a celebrar mañá xoves, 2 febreiro, ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Este é a quinto dos seis  actividades previstas este curso nun programa organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres que comezou o 3 de novembro.  O derradeiro faladoiro terá lugar o 2 de marzo co tema “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.

Máis de 600 alumnos participaron nas Xornadas de Educación Vial promovidas polo Concello

Undefined

A totalidade dos alumnos do CEIP nº1 e do CEIP nº2 de Tui participaron nas últimas semanas nas Xornadas de Educación Vial promovidas polo Concello de Tui, a través da Concellería de Seguridade, xunto á Dirección Xeral de Tráfico e a Policía Local, coa colaboración destes dous centros educativos.

Técnico de administración xeral. Resultados do primeiro exercicio.

Proceso sectivo para a configuración dunha listaxe de reserva para a provisión interina dunha praza de técnico de administración xeral encadrada no grupo A, subgrupo-A-1 para o Concello de Tui 

Unha vez finalizado o exercicio efectuase a lectura do mesmo pola aspirante presentada. De conforme co anterior, o tribunal decide elevar a seguinte proposta ó órgano competente. 

Técnico de administración xeral: DESERTO 

Páginas

Suscribirse a RSS - Ensino