Satisfacción polo comezo das obras para instalación dun ascensor no CEIP de Guillarei
O Concello de Tui, a través da concelleira de Educación do Concello de Tui, Mila González, amosa a súa satisfacción logo de que a pasada semana teñan comezado as obras para instalación dun ascensor no CEIP de Guillarei. Esta foi unha das solicitudes que tanta ela coma o alcalde, Carlos Vázquez Padín, presentaron o pasado mes de febreiro ao xefe territorial de Educación, César Pérez, no encontro que mantiveron na delegación da Xunta en Vigo.