Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.

Tamén se poden cursar estudos regrados de idiomas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas ou de música no Conservatorio Profesional de Grao Medio.  

A ampla oferta de actividades de extensión universitaria na Aula da UNED, cursos de formación ocupacional no Centro Municipal de Formación forman parte da oferta educativa tudense, que se completa cos cursos promovidos por distintas asociacións e entidades ao longo do ano. 

O CEIP nº2 de Tui recoñecido co Distintivo de calidade de centros docentes "Sello Vida Saludable 2024" do Ministerio de Educación

Undefined

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui vén de ser recoñecido co Distintivo de calidade de centros docentes "Sello Vida Saludable 2024" que outorga o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes. O BOE recollía onte a resolución da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional na que se recollen os 63 centros distinguidos a nivel nacional, dos que 11 son galegos e 7 da provincia de Pontevedra.

Tui continua coa mellora das instalacións deportivas inaugurando os novos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei

Undefined

O Concello de Tui continua coa súa aposta polo mantemento e mellora das instalacións deportivas do municipio. Onte á tarde tivo lugar a inauguración dos novos vestiarios do CEIP de Guillarei, dos que poden gozar xa tanto o alumnado do propio centro educativo coma os e as deportistas do Club Balonmán Tui, CPA Ribex, Club Bádminton Tui, Club Tenis Tui, A Quinta de Tui FS e A Gándara F.S. que adestran nestas instalacións.

Inauguración dos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei

Undefined

Mañá mércores 19, ás 18.00 horas, levarase a cabo a inauguración dos novos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei, tras as obras realizadas polo Concello de Tui nesa instalación, que darán cobertura aos alumnos e alumnas do CEIP de Guillarei, nas clases de educación física, así como aos clubs deportivos tudenses que realizan os seus adestramentos e competicións nestas instalacións.

Experiencia única de convivencia do alumnado de 6º EP de sete colexios tudenses na Aloiada 2024

Undefined

Preto de 200 persoas, entre alumnado e profesorado, participarán mañá xoves e o venres na Aloiada 2024, unha iniciativa xurdida hai máis de 15 anos que brinda dúas xornadas de convivencia entre o alumnado de 6º de Primaria en espazos naturais do municipio.

Traballo por proxectos e innovación marcan o labor educativo das cinco aulas do CRA Mestra Clara Torres

Undefined

Unha metodoloxía activa con traballo por proxectos é a que ofrece o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui. Estes enfoques buscan romper as barreiras tradicionais do aprendizaxe, ofrecendo unha experiencia educativa máis rica e significativa. A súa é unha aposta porque os nenos e nenas de entre 3 e 6 anos se escolaricen na súa contorna máis próxima creando comunidade e abrindo as aulas á participación das familias. O CRA Mestra Clara Torres conta con aulas Areas, Baldráns, Guillarei, Pexegueiro e Ribadelouro estando a súa sede na antiga aula das Bornetas.

O Concello de Tui desenvolve sesións informativas nos centros educativos dando a coñecer o grupo de participación infantil e xuvenil ParTUIcipando

Undefined

Tui conta dende o ano pasado cun grupo de participación infantil e xuvenil, ParTUIcipando, cuxo obxectivo é dar voz á poboación infantil e xuvenil, coñecer as súas inquedanzas, suxestións,… e logo trasladalas ao goberno local.

Co obxectivo de seguir dando a coñecer este grupo a semana pasada comezaron unha serie de sesións informativas nos centros escolares tudenses para trasladar ao alumnado a posibilidade de formar parte deste grupo no que se abordan as temáticas que elas e eles mesmos deciden. As propostas de mellora  elaboradas no grupo son logo trasladadas ao Concello.

O Concello de Tui realiza obras de mantemento e mellora en todos os centros educativos público do municipio

Undefined

Aproveitando o descanso lectivo do verán, o Concello de Tui ten acometido nas últimas semanas obras de reparación, mantemento ou mellora e todos os centros escolares públicos do municipio, obras que van dende o pintado de aulas ou paredes exteriores ata a posta en marcha dun novo comedor escolar como foi o caso do CEIP de Guillarei.

A Aloiada 2023 volverá a unir o Galiñeiro, o Monte Aloia e o Río Miño

Undefined

Máis de 120 alumnos e alumnas dos centros educativos de Tui van participar este xoves 15 e venres 16 de xuño na Aloiada 2023.

En concreto participará nesta actividade o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Nº1, CEIP Nº2, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Guillarei, CEIP de Rebordáns e CEIP de Caldelas. A Aloiada 2023 está organizada polos propios colexios en colaboración co Concello de Tui. Nestas dúas xornadas os e as participantes realizarán diferentes actividades no entorno natural dos montes Galiñeiro e Aloia, así como no río Miño.

O alumno tudense Rodrigo Buján premiado no IV Concurso de Microrrelatos da Red de Juderías de España

Undefined

Rodrigo Buján Fernández, alumno de 2º da ESO do Colexio Maristas Santa María de Tui, é un dos gañadores do IV Concurso de Microrrelatos, convocado pola Red de Juderías de España, no que participou alumnado de 1º e 2º da ESO de toda España.

Proximamente terá lugar o acto de entrega deste premio ao alumno tudense, así como un recoñecemento ao Colexio Maristas Santa María como “Colexio Asociado á Red de Juderias de España”.

O relato de Rodrigo Buján será publicado xunto aos 30 seleccionados a nivel nacional nun libro pola Red de Juderías de España.

Páginas

Suscribirse a RSS - Ensino