Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Incorpórase unha nova técnica de Administración Xeral ao departamento de Urbanismo

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ás concelleiras de Urbanismo, Mª Jesús da Silva, e  Persoal, Mila González e ao concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, deron hoxe a benvida á nova Técnica de Administración Xeral do Departamento de Urbanismo, Miriam Piñeiro Rodríguez.

A nova técnica substitúe á técnica de Urbanismo que arestora está de baixa laboral. O horario de atención ao público será os mércores de 9 a 14h.

Unha nova traballadora social e unha auxiliar administrativa incorpóranse ao departamento de Servizos Sociais

Undefined

Dúas novas traballadoras véñense de incorporar ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás, deron hoxe á benvida á nova traballadora Social, Luz Mª Vázquez Macías, e á nova auxiliar administrativa, Mª Jesús Lorenzo.

Convocatoria e bases de seleccion para a contratación laboral temporal de 8 auxiliares de policia 2019

Undefined

No periodico Faro de Vigo de hoxe día 26/03/2019 se publica anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 8 auxiliares de policia local.

O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro día 02/04/2019

Para mais información pinchar aqui

 

Tui contará con tres novos policías locais a comezos de 2020

Undefined

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e a concelleira de Emprego, Mila González, déronlle hoxe  a benvida a tres novos membros da Policía Local de Tui.  Foron seleccionados pola Academia Galega de Seguridade Pública, AGASP, e previa a súa incorporación en Tui terá que continuar a súa formación na Academia. No verán realizarán xa prácticas no Concello, e completarán a súa formación de novo na AGASP.

Tui contará cunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) nos vindeiros meses

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse o inicio dos traballos para a  redacción da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) coa que contará o Concello de Tui nun prazo aproximado de 4 meses. Na presentación estiveron  o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e representantes da empresa adxudicataria dos traballos, a consultora Tudó, especializada en traballos de organizacións e recursos humanos en administracións locais e que ten realizado mais de 130 RPT en concellos da provincia. 

Mañá presentación da redacción dunha nova Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui

Undefined

Mañá venres, 8 de marzo, ás 11.30h, na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación do inicio da redacción dunha nova Relación de Postos de Traballo, RPT, do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e representantes da empresa adxudicataria dos traballos.

A promoción do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui será un dos obxectivo do obradoiro Percorre Tui 2018 que hoxe comeza

Undefined

Vinte persoas en situación de desemprego participan dende hoxe no obradoiro Percorre Tui 2018, no que tras nove meses de formación mellorarán a súa empregabilidade. Impártese no Centro de Formación en Guillarei con dúas especialidades “Promoción turística local e información ao visitante” e “Confección e publicación de páxinas web”. Integran o obradoiro un director, unha titora, un docente por especialidade e unha auxiliar administrativo xunto a vinte alumnos e alumnas. O obradoiro conta cunha achega de 288.807€ concedidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A promoción do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui será un dos obxectivo do obradoiro Percorre Tui 2018 que hoxe comeza

Undefined

Vinte persoas en situación de desemprego participan dende hoxe no obradoiro Percorre Tui 2018, no que tras nove meses de formación mellorarán a súa empregabilidade. Impártese no Centro de Formación en Guillarei con dúas especialidades “Promoción turística local e información ao visitante” e “Confección e publicación de páxinas web”. Integran o obradoiro un director, unha titora, un docente por especialidade e unha auxiliar administrativo xunto a vinte alumnos e alumnas. O obradoiro conta cunha achega de 288.807€ concedidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O luns preséntase o obradoiro de emprego Percorre Tui 2018

Undefined

O luns, 3 de decembro, ás 10.30h no Centro de Formación en Guillarei será presentado o obradoiro Pecorre Tui 2018. O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e da concelleira de Formación, Mila González. Terá unha duración de 9 meses, grazas á achega de 288.807€ concedidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego