Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

O Concello de Tui vén de solicitar un segundo Plan Integrado de Emprego á Xunta de Galicia

Undefined

O Concello de Tui vén de presentar ante a Consellería Economía, Emprego e Industria a solicitude dun segundo Programa Integrado de Emprego, PIE, tras a convocatoria realizada por este departamento da Xunta cuxas bases reguladoras se publicaron no DOGA o pasado 20 de xuño.  O obxectivo de mellorar a empregabilidade de 100 persoas desempregadas empadroadas no municipio. A subvención solicitada polo Concello de Tui ascende a 250 mil euros.

Tui contratará a catro persoas desempregadas ao abeiro do programa “O Teu Primeiro Emprego

Undefined

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas a catro persoas desempregadas tituladas universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional sen experiencia laboral previa. Será ao abeiro do programa “O Teu Primeiro Emprego” da Deputación de Pontevedra, logo de que a institución provincial aprobase a selección do Concello de Tui coma entidade colaboradora.

Alumnado do Obradoiro Percorre Tui realizou hoxe visitas inclusivas para os participantes no Campamento de Un Máis

Undefined

 Alumnado da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante”  do obradoiro de emprego “Percorre Tui”  realizaron ao longo desta mañá varias visitas guiadas para os nenos e nenas de 4 a 18 anos que están a participar no campamento inclusivo que dende comezos de mes imparte a Asociación Un Máis.  No campamento están a participar 25 nenos e nenas, dos que 13 teñen TEA, xunto a voluntarios e monitores.

O alumnado dos obradoiros de emprego presentaron o seu traballo ao alcalde de Tui e aos concelleiros de Turismo e Formación e Emprego

Undefined

Na mañá de onte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto coa concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, acudiron á presentación dos proxectos que están a levar a cabo os alumnos e alumnas dos obradoiros de turismo e de confección e publicación de páxinas web. 

Requerimento documentacion para contratar auxiliares policia 2ª quenda

Undefined

Mediante Resolución de Alcaldía de data 20/06/2019 se requiriu aos aspirantes da 2ª quenda do proceso de auxiliares de policia local, para que presenten a documentación necesaria para ser contratados.

Os aspirantes dispoñen de 5 días hábiles para presentar a documentación.

Para mais información prema aquí

Valoracións méritos proceso selectivo tenicos PIE

Undefined

O tribunal reunido con data 18/06/2019 realizou a valoración dos méritos aportados polos aspirantes, contra a mesma podese presentar alegacións polo prazo de 3 días hábiles.

Asemade convocase aos aspirantes a exposición da memoria que será nas seguintes datas:

1.- Técnico de emprego

Luns 24 de xuño de 2019 ás 08,30 horas nas dependencias do Centro de Formación do Concello de Tui, en Alvelos – Guillarei, s/n.

2.- Técnico de orientación laboral

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego