Presentación da programación da Semana Santa en Tui 2026
Mañá mércores, 18 de marzo, ás 12 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do programa da Semana Santa de Tui.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Mañá mércores, 18 de marzo, ás 12 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do programa da Semana Santa de Tui.
Cincuenta anos sobre os escenarios leva o grupo de rock Ñu liderado por José Carlos Molina. Dentro da xira que está a realizar por toda España para celebrar estes 50 anos de música estarán en concerto nas festas de San Telmo o domingo 5 de abril, ás 19.30 h no Espazo Feiral con entrada libre.
Ñu, unha das grandes bandas de rock español, naceu en Madrid en 1974 da man de José Carlos Molina e Rosendo Mercado, que logo deixaría esta formación para crear Leño.
O rock de La Fuga e Puño Dragón abrirá musicalmente as festas de San Telmo 2026. As dúas bandas actuarán o sábado 4 de abril, a partir das 21.30 horas, no Espazo Feiral, nun concerto con entrada libre.
O Concello de Tui aposta de novo este ano por grandes concertos para as festas patronais da cidade, declaradas de Interese Turístico Galego.
A exitosa experiencia de inclusión a través da cultura e da música CaixaSon promovido polo IKFEM Festival Tui-Valença co apoio de BPI-Fundação ”la Caixa” ten en marcha xa a súa segunda edición.
Ao fronte dos talleres situarase o profesor Júlio Viana. Este ano contará cunha colaboración especial do alumnado dos centros educativos de Tui e Valença e se incorpora a Asociación San Xerome de A Guarda.
Unha amalgama de sons e estilos musicais resoarán o próximo venres, 20 de marzo, no Teatro Municipal no concerto que ofrecerá Christopher Pérez Quartet, no marco da programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.
A escritora Marga do Val na categoría individual e o Tyde F.C. na de colectivo recibirán os premios Cidade de Tui de 2026 en recoñecemento a súa achega á cidade e á sociedade tudense en diversos ámbitos. Así o acordou o Concello de Tui a proposta unánime do xurado destes premios, tras un amplo debate entre posibles persoas candidatas a este galardón. O acordo foi aprobado na Xunta de Goberno Local.
O tudense Carlos Fer é o autor do cartel das festas de San Telmo 2026. O Concello de Tui, continuando a liña de anos anteriores encargou a un artista local o deseño da imaxe das festas patronais que se van celebrar do 4 ao 13 de abril. Así o nome de Carlos Fer súmase ao Víctor Aparicio e Carlos Lago que teñen realizado o cartel dos festexos nos últimos anos.
O Concello de Tui aposta así por unha banda por visibilizar a artistas locais, e por outra por reflectir nas imaxes das festas a visión dun ou dunha tudense.
Baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, neste 8M, Día Internacional da Muller, o Concello de Tui apela ao cumprimento efectivo da Lei de Igualdade, poñendo o foco na necesidade de que os dereitos conquistados se traduzan en xustiza e acción concreta na vida cotiá das mulleres.
O Concello de Tui, a través da Concellería de Igualdade, deseñou para este 8M unha ampla e diversa programación situando no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres, en consonancia co chamamento de ONU Mulleres para este 2026.
Teatro de Ningures regresa este venres ao Teatro Municipal de Tui para levar a escena “As gardiás”, Premio da Crítica de Galicia 2025. Na obra reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias co calor humano da familia e a comunidade. A cita, que pecha a programación do mes de febreiro neste espazo escénico, será este venres 27 ás 21 h.
A comparsa “2030 do Porvir” da Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar foi a gañadora absoluta do Desfile-Concurso de Entroido en Tui. A súa proposta que xirou entorno aos ODS, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, obtivo a máxima puntuación por parte dos membros do xurado. Valoraron a súa creatividade inspirada nos 17 ODS nun proposta que mesturou modernidade e futurismo.
Foron tamén os gañadores na categoría de música e recibiron o cuarto premio en carrozas cunha proposta futurista na que ían os músicos actuando en directo.