Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Celebración do Día da Biblioteca co espectáculo “A Boneca de trapo” de Loia Producións

Undefined

Este sábado celébrase o Día da Biblioteca. O lema deste ano é “Sen profesionais non hai bibliotecas”. Nesta data tan especial a Biblioteca tudense acollerá o espectáculo “A boneca de trapo” da man da compañía lucense Loia Producións  a partir das 11.30 horas da mañá celebrando así o “Dia das Bibliotecas”.

Fran Sieira presenta con Caamaño&Ameixeiras “BenQuerer” este venres no Teatro Municipal

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 23 de outubro, ás 21 h o espectáculo “BenQuerer”, no que o bailarín Fran Sieira e o dúo musical Caamaño&Ameixeiras conxugarán música e baile nunha peza íntima e emocional. Será ao abeiro da programación teatral de outono.

O luns inaugúrase a exposición fotográfica “Na penumbra do tempo” de Gus Abreu

Undefined

O próximo luns, 19 de outubro, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, inaugurarase a exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.  A mostra recolle unha escolma de imaxes da catedral tudense e forma parte do programa de actividades que promove o Concello de Tui para a conmemoración dos oitocentos anos da consagración da catedral de Santa María.

A Praza da Inmaculada acolle unha feira editorial dentro da programación da TuidCon HispaCon

Undefined

A literatura fantástica será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración da  TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional de Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror.  Na ampla programación prevista, con máis de 40 actividades, figura unha feira editorial na praza da Inmaculada.

A TuidCon Hispacon reúne en Tui a medio centenar de escritores e escritoras

Undefined

Durante tres días Tui converterase no epicentro da literatura fantástica coa celebración da TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional deste xénero literario. Dende este venres 16 ata o domingo 18, preto de medio centenar de autores e autoras presentarán na cidade os seus libros ou participarán en conferencias e mesas redondas. Estas serán parte das actividades dun amplo programa que se desenvolverá ao longo de tres días no Espazo Sociocultural e nos edificios Francisco Sánchez e da praza da Inmaculada.  

Mañá inaugúrase a exposición bibliográfica “O sentido de Alicia” colección de Fátima García Doval

Undefined

A Biblioteca Municipal de Tui acolle mañá, mércores 14 de outubro, ás 19,30 horas, a inauguración da exposición bibliográfica titulada “O sentido de Alicia” cunha escolma da colección de Fátima García Doval sobre o libro de Lewis Carrol “Alicia no país das marabillas”.

A Biblioteca Municipal acolle o contacontos “Que contan as árbores?”

Undefined

O próximo martes, 13 de outubro, ás 17.30 horas, a Biblioteca Municipal de Tui, acolle o contacontos “Qué contan as árboles…?” a cargo do grupo Maquinarias Teatro. Presentarán ante o público unha historia sobre as árbores que abrangue varios relatos contados coa axuda da palabra e de obxectos de refugallo: contos de Gianni Rodari, Shel Silverstein, e Helga Méndez. Que Contan as Árbores…? é un espectáculo de narración oral que combina contos, obxectos e poesía visual para achegarnos á relación entre humanidade e natureza.

O Club de Lectura María Tydeska da Biblioteca Municipal inicia unha nova andaina tras o verán

Undefined

Co remate do verán os integrantes do Club de Lectura “Maria Tydeska” da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Tui retoman as súas xuntanzas en torno aos libros e a lectura, para poñer en común as súas lecturas por medio da conversa e da tertulia informal. En concreto onte mércores, 7 de outubro comezou a súa andaina do curso 2026/2027.

Un club de lectura é unha xuntanza periódica onde un grupo de persoas comentan diferentes libros, obras que previamente cada un deles leu de xeito individual.

Talía Teatro presenta este venres “Un Deus salvaxe” no Teatro Municipal de Tui

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 9 de outubro, ás 21 h a representación de “Un Deus salvaxe” da compañía Talía Teatro. Unha obra dirixida por Artur Trillo e protagonizada por Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño Casais.

Con esta obra continúa a programación teatral de outono do Teatro Municipal de Tui.

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura