A Biblioteca Municipal celebra o Día do Libro cun xogo de adiviñas sobre personaxes da literatura infantil
A Biblioteca Municipal de Tui vai celebrar mañá mércores, 23 de abril, o Día Internacional do Libro coa estrea dun xogo para os pequenos lectores que asistan á biblioteca. Trátase dun xogo de adiviñanzas interactivo onde a rapazada terá que acertar unha combinación de números a partir das imaxes dos personaxes dos seus libros favoritos. Os participantes que acerten as combinacións de números e libros do panel recibirán un pequeno agasallo.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.