Este xoves preséntase o catálogo da exposición “Borders” de Jacinto Lara
Este xoves, 22 de maio, ás 19.30 h, a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a presentación do catálogo da exposición “Borders” do artista cordobés Jacinto Lara. A mostra foi inaugurada a pasada semana e pode visitarse en Tui até o 15 de xuño. Na presentación intervirán o propio artista xunto a Federico Castro Morales, o presidente da Fundación MBM (Move be Moved), que editou o catálogo que agora se presenta.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.