Unha vintena de poetas e escritores participan no recital arredor da obra artística de Diego de Giráldez
O escultor Diego de Giráldez, autor da escultura dedicada a D. Ricardo García Fernández que está ubicada no céntrico Paseo da Corredoira, promove en colaboración co Concello de Tui un recital poético arredor da súa obra artística. Terá lugar mañá sábado, 25 de outubro, ás 17.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, contando coa colaboración da Biblioteca Municipal do Concello de Tui.
Neste recital participaran cerca dunha vintena de poetas e escritores chegados de toda Galicia que se unen para este encontro cultural arredor da obra artística de Diego de Giráldez.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.