Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O escritor Manel Loureiro presenta en Tui ‘Antes de que todo cambie’

Undefined

O escritor galego Manel Loureiro presenta mañá venres ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela a súa última novela “Antes de que todo cambie” (Planeta, 2026). O evento está organizado pola Libraría Espazo Lector Nobel de Tui, en colaboración coa Biblioteca Municipal. A entrada é libre.

Preto dun millar de persoas participaron nas actividades do ciclo “Coñece o noso patrimonio” desenvolvido nos meses de xullo e agosto

Undefined

Preto dun millar de persoas participaron nos meses de xullo e agosto nas actividades do ciclo “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui. As seis visitas guiadas realizadas por outros tantos especialistas e a conferencia celebrada contaron cunha gran acollida por parte do público. 

Tui oferta trece actividades dentro da programación do Setembro Xudeu

Undefined

Un total de trece actividades conforman a programación do Setembro Xudeu que se vai desenvolver do 3 ao 27 de setembro baixo a organización do Concello de Tui.  

Baixo a denominación de “Setembro xudeu en Tui” desenvolveran visitas guiadas, visitas teatralizadas, exposicións, conferencias, música, proxección de películas para difundir o patrimonio xudeu que atesoura a cidade.

O Concello de Tui destina máis de 63 mil euros a subvencións a asociacións culturais e ANPAs

Undefined

Mañá abre o prazo para que asociacións culturais e asociacións de pais e nais presenten as solicitudes para as convocatorias de subvención que realiza o concello de Tui para a realización de actividades neste ano 2026 por parte destes colectivos.   O Concello de Tui destina de fondos propios 63.600 euros a estas convocatorias.

O próximo mércores inaugúrase a exposición “O río que nos move” en Tui

Undefined

O vindeiro mércores, 2 de setembro ás 19.00 horas, a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle o acto de inauguración da exposición “O río que nos move”. Na mesma recóllense 99 fotografías tomadas en 1985 por cinco mozos do Baixo Miño que, con idades entre os  21 e os 23 anos, decidiron descender o Miño na súa totalidade, sen ningún equipo de apoio e en canoas construídas por eles mesmos; algo que ninguén fixera antes.

Obradoiro sobre o oficio tradicional da xoiería o sábado 26 de setembro en Tui

Undefined

Tui acollerá o sábado, 26 de setembro, unha xornada do Programa de Voluntariado Interxeneracional “Rede Galega de Oficios Vivos”. Celebrarase de 10 a 14 h e de 16 a 20 h o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.

Esta é unha iniciativa gratuíta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia destinada á recuperación e transmisión dos oficios tradicionais, poñendo en valor o seu potencial como oportunidade de emprego e autoemprego. Neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

Ailá, Dúo Abril, Alana, Donicelas, a Banda de Balbina e Kike Varela forman parte do cartel do VI Rocha Folk

Undefined

A parroquia tudense de Caldelas convértese esta fin de semana en punto de encontro para a música folk de Galicia grazas a celebración do VI Rocha Folk. Este evento, organizado pola Asociación Cultural A Insua, forma parte da programación cultural do verán do Concello de Tui.

O Paseo Fluvial acolle este venres o XXXI Festival de Bandas de Música

Undefined

Este venres, 21 de agosto, ás 21 h celébrase o XXXI Festival de Bandas de Música de Tui, un evento xa tradicional no verán tudense que este ano terá lugar no Paseo Fluvial. A Banda de Música de Salcedo, e a Banda de Música Popular de Tui, anfitrioa e organizadora, serán as encargadas do concerto. Previamente as dúas agrupacións farán un pasarrúas por diferentes punto da cidade.

Xornada festiva co río Miño coma protagonista mañá sábado en Tui

Undefined

O río Miño marca a identidade de Tui, a súa paisaxe, e as súas xente e tamén as súas festas. Mañá sábado o Miño é protagonista coa súa festa na que piragüismo, gastronomía e música se suceden ao longo de doce horas en escenarios coma a ribeira de Caldelas, o propio río, a praia de Areeiros, a rúa Olímpicos Tudense, e a rúa Compostela.

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura