Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Melchor, Gaspar e Baltasar volverán regalar a súa maxia o próximo 5 de xaneiro na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, volverán regalar a súa maxia o próximo luns 5 de xaneiro na Eurocidade Tui-Valença cunha nova edición da Cabalgata Internacional, unha celebración única en toda Europa.

Este ano, como novidade, a comitiva real iniciará a súa viaxe, ás 17 h ES, nas Cortinas de São Francisco, na Fortaleza de Valença. Dende alí, ao longo dun percorrido de 3,5 quilómetros repartirán a súa maxia e ilusión pola Avenida dos Combatentes da Grande Guerra, a Rotunda da Trapicheira, e a Avenida de España, para cruzar a centenaria Ponte Internacional.

O Conservatorio e a Escola de Música de Tui ofrecen mañá venres a súa “Sinfonía de Nadal”

Undefined

“Sinfonía de Nadal” é o título do concerto que mañá ofrecerá o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música de Tui no Teatro Municipal de Tui. Comezará ás 20 h e estará protagonizado polas distintas agrupacións do centro. Este evento forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal” organizada polo Concello de Tui.  

O Ensemble Vocal e Instrumental Pro Música de Porto interpreta o “Magnificat” de Rutter este domingo na Catedral

Undefined

Proseguen as celebracións do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. Este domingo, 21 de decembro, ás 18 h o Coro de Porto – Portugal, Ensemble Vocal Pro Música ofrecerá un concerto na Catedral, organizado polo Cabido catedralicio.

Consagrada no ano 1225, a Catedral de Tui é unha das grandes xoias do románico galego e un dos templos fortificados máis relevantes da Península Ibérica. Neste escenario de profundo valor histórico e simbólico será interpretado o Magnificat de John Rutter, obra central do concerto.

As tres corais tudenses interpretan o concerto “O camiño da Estrela: de Tui a Belén”

Undefined

A narración dun conto protagonizado por unha nena que vive na contorna da Catedral de Tui será o fío condutor do concerto “O camiño da Estrela: de Tui a Belén” que este venres 12, ás 20.30 h no Teatro Municipal, ofrecerán as tres corais tudenses: San Telmo, Centro Sociocomunitario e Ponte das Febres.

Máis de 300 voces infantís participan no II Certame de Coros Escolares

Undefined

Un total de 308 alumnos e alumnas de centros educativos de Tui unirán as súas voces no II Certame de Coros Escolares que se celebra mañá xoves, 11 de decembro, ás 11.30 h no Teatro Municipal de Tui, dentro da programación “O Camiño do Nadal”.

Participarán os CEIP’s de Guillarei, Rebordáns, Nº1, Nº2, Randufe, Pazos de Reis e Caldelas.

A Eurocidade Tui-Valença transforma os meses do ano en solidariedade no seu calendario compartido

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario do ano 2026 que se transformará en solidariedade grazas ás aportacións da veciñanza dos dous municipios.

Cada exemplar do almanaque poderase obter a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros. Así a Eurocidade Tui-Valença transforma os meses do ano en solidariedade.

Presentación do libro “Imaxinando o pasado: Tui 1225” de Pablo Álvarez Yáñez

Undefined

Este xoves, 11 de decembro, ás 19.30  h o Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá a presentación do libro “Imaxinando o pasado: Tui 1225” de Pablo Álvarez Yáñez, unha publicación editada polo Concello de Tui co gallo das celebracións dos 800 anos da consagración da catedral tudense, que conmemoramos o pasado 30 de novembro, e que conta cun amplo programa de actividades ao longo do ano 2026.

As notas do Nadal resoan en Tui 

Undefined

As notas do Nadal resoan nestas festas en Tui tanto nas rúas coma no Teatro Municipal.  A música está presente no Camiño do Nadal que percorre a cidade até o próximo 6 de xaneiro. 

Catro son os concertos que se van celebrar no Teatro Municipal. O xoves 11 ás 11.30 h  terá lugar o II Certame de Coros Escolares.  A día seguinte, venres 12 ás 20.30 h,  as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo protagonizarán o concerto “O Camiño da Estrela: de Tui a Belén”.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura