Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Presentación da imaxe de marca do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui

Undefined

Hoxe martes, 30 de setembro, ás 12.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela terá lugar a presentación pública da imaxe de marca do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. 

O acto contará coa participación de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui;  José Diéguez Dieppa, deán da Catedral;  e Ana Lozano da empresa Anónimo.

Tui volve subir ao Autobús do Teatro para gozar da última montaxe do CDG

Undefined

Tui volve subir ao Autobús do Teatro para acudir a Santiago á representación de “A serie clopen” do Centro Dramático Galego no Salón Teatro.

Dende Tui sairá un autobús o xoves, 16 de outubro, ás 14.50 h para acudir á función das 18 h. O prezo é de 5€ incluíndo o autobús e a entrada ao espectáculo.

O Concello de Tui volve participar neste programa de mobilidade do Centro Dramático Galego que posibilita acudir aos seus espectáculos en Compostela.

Tui epicentro cultural coa nova programación de outono no Teatro

Undefined

O pano do Teatro Municipal de Tui volverá a abrirse neste outono cunha programación conformada por nove espectáculos de música, teatro, cinema, maxia e monólogos.  Do 27 de setembro ao 22 de novembro o espazo escénico tudense brindará ao público de todas as idades, dende os bebés aos adultos, unha coidada oferta protagonizada pola calidade, variedade e compromiso coa creación galega.

Tui investiu máis de 175 mil euros na mellora do pavillón de Randufe

Undefined

O pavillón municipal de Randufe presenta unhas condicións óptimas para o inicio do novo curso escolar, e da nova temporada competitiva tras as obras de mellora e acondicionamento acometidas polo Concello de Tui ao longo dos últimos meses que supuxeron un investimento de 176.859,01 €.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, visitaron esta mañá ás instalacións onde, xunto coa directora do CEIP de Randufe, o arquitecto que elaborou o proxecto, o responsable da empresa construtora, e técnicos municipais comprobaron as melloras realizadas.

O Rocha Folk celebra esta fin de semana a súa quinta edición en Caldelas

Undefined

A ribeira, a capela do Carmen, e o exterior do Balneario en Caldelas, serán este venres 23 e sábado 24 o escenario do V Rocha Folk, Festival Folk Internacional, organizado pola Asociación Cultural A Insua. Serán dúas xornadas nas que a música será a protagonista tanto a través do concertos previstos coma dos obradoiros organizados ao abeiro do festival.  Este evento, que conta coa colaboración do Concello de Tui,  forma parte programación cultural do Verán.

As agrupacións de Quires, Salceda de Caselas e Tui protagonizan o XXX Festival de Bandas de Música

Undefined

O Festival de Bandas de Música de Tui celebra este venres a súa trixésima edición e faino coa participación de tres agrupacións nesta cita xa clásica do verán na cidade. Serán a Banda de Musica de Vila Boa de Quires, a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, e a Banda de Música Popular de Tui.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura