Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Miles de persoas gozaron da fin de semana festiva en Tui

Undefined

Miles de persoas gozaron da fin de semana festiva en Tui. A gastronomía conquistou  o sábado á noite o padal de miles de comensais con produtos típicos da nosa cociña con empanadas variadas, tortillas, bocadillos, e outras propostas, e onde non faltaron as sobremesas con tartas variadas, onde non faltaron as clásicas de améndoa, mazá ou tres chocolates, filloas recheas ou bica.

Unha visita guiada á igrexa de San Telmo pecha o ciclo “Coñece o noso patrimonio”

Undefined

O próximo martes, 19 de agosto, finaliza o ciclo de visitas guiadas que ven organizando o Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui, ao longo dos meses de xullo e agosto baixo o titulo de “Coñece o noso patrimonio”. Será coa visita á igrexa tudense de San Telmo, un dos referentes do conxunto histórico tudense tanto polo seu valor monumental como pola súa dimensión inmaterial vinculada ao culto e devoción a san Telmo, patrón da cidade.

Un centenar de persoas descubriu o Mosteiro de Sanfins en Valença

Undefined

Éxito na cuarta visita do ciclo “Coñece o noso patrimonio”, organizado polo Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui. Un centenar de persoas descubriron este martes a historia e os segredos que agocha o Mosteiro de Sanfins na Unión de Freguesías de Sanfins de Gondomil, en Valença. 

Durante unha hora de visita, o historiador valenciano Narciso Serra guiou un percorrido por este Mosteiro, que é un dos exemplos máis salientables do románico de Portugal, monumento nacional dende 1910. 

O folclore de Costa de Marfil, Arxentina, Brasil e Macedonia protagoniza a Noite Internacional do Miño

Undefined

O folclore de Macedonia, Costa de Marfil, Arxentina e Brasil, protagonizará o próximo martes, 29 de xullo, ás 21.30 h a Noite Internacional do Miño no parque do Laxal en Rebordáns. Este evento, organizado pola Escola de Baile Música San Fins, forma parte da programación cultural do verán en Tui.

Visita guiada ao mosteiro de Sanfins de Friestas o próximo martes

Undefined

O próximo martes, 29 de xullo, continúa o ciclo de visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui no mes de xullo e agosto, baixo o titulo de “Coñece o noso patrimonio”. Nesta ocasión será unha visita guiada ao mosteiro de Sanfins, en Friestas, en Valença, que comezará ás 20 h ES. 

As asociacións culturais que desexen participar na Festa do Miño deberán presentar a solicitude o luns 28 ou martes 29

Undefined

O próximo sábado 16 de agosto imos celebrar a XIII Festa Gastronómica na rúa Compostela, no tramo comprendido entre as rúas Ourense e Betanzos.  Este evento forma parte da programación de actividades da Festa do Miño 2025. 

As asociacións culturais de Tui que desexen participar deberán presentar a súa solicitude, cubrindo o Anexo I, xunto coa documentación requirida, o próximo luns 28 ou martes 29 de xullo. 

Medio centenar de persoas asistiron a conferencia sobre a peregrinación da raíña Santa en 1325

Undefined

Medio centenar de persoas asistiron onte á tarde a conferencia sobre os 700 anos da peregrinación da Rainha Santa que ofreceu o historiador e membro do Instituto de Estudos Tudenses, Rafael Sánchez Bargiela, na igrexa de San Domingos.

Con este acto abriuse a programación “"Tui capital do  Camiño Portugués – cultura no camiño portugués" que prosegue até mañá venres.

Rafael Sánchez Bargiela afondou no percorrido que dende Coimbra realizou até Compostela a raíña Isabel de Aragón, viúva de Don Dinis, rei de Portugal, en 1325.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura