Plan de Igualdade Municipal
O III Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Tui foi aprobado por unanimidade en pleno no mes de decembro de 2020. Recolle a folla de ruta a seguir durante catro anos para lograr unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero.
Os obxectivos do Plan de Igualdade son:
- Introducir a perspectiva de xénero no funcionamento do Concello
- Implicar a todas as concellerías e departamentos municipais no desenvolvemento de políticas, programas, estratexias e accións de igualdade.
- Detectar e combater as fendas de xénero económicas, sociais, culturais e políticas en Tui.
- Favorecer a participación da cidadanía na posta en marcha das políticas de igualdade en Tui.
- Poñer en marcha os mecanismos axeitados para remover os obstáculos que manteñen as discriminacións por razón de sexo e perpetúan a desigualdade estrutural das mulleres.
O Plan desenvólvese en 8 áreas de actuación o Concello; Emprego; Conciliación da vida familiar, laboral e persoal; Inclusión con perspectiva de xénero: Saúde, Calidade de vida e deporte; Coeducación e cultura; Urbanismo, Mobilidade, Medioambiente e Seguridade; e o Combate contra a violencia de xénero. Nas mesmas recóllense en conxunto 50 medidas e 162 actividades a realizar.
As medidas contempladas aplicaranse de forma transversal en todas as áreas municipais.