parTUIcipando
PARTICIPA
Porque ser menor de idade non significa ter menos dereitos.
O concello de Tui comprométese a velar polos Dereitos da Infancia e a guiar as súas políticas municipais seguindo os principios que se establecen na Convención Sobre os Dereitos da Infancia.
Queremos que a voz das nosas nenas, nenos e adolescentes sexa escoitada, e por iso puxemos en marcha o programa ParTUIcipando
Estamos a traballar para acadar o recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia que concede UNICEF a aqueles concellos que tratan de mellorar as condicións de vida das nenas, nenos e adolescentes, e que fomentan a súa participación na vida do seu concello para crear unhas políticas públicas seguindo un enfoque de dereitos.
Pleno infantil do pasado mes de novembro
O Grupo de participación Infantil e Xuvenil de Tui_
É un espazo permanente de participación para as nenas, nenos e adolescentes que serve de canle de comunicación co goberno local co obxectivo de que nos acheguen as súas propostas, especialmente naquelas cuestións que lles afectan máis directamente.
Queres participar? Inscríbete
A opinión das nenas, nenos e adolescentes de TUI impórtanos_
queremos contar coas ideas, propostas e puntos de vista da xente menor de idade. Para iso precisamos que cumprimentedes este cuestionario, pois estamos convencidas de que unicamente coñecendo os vosos intereses e necesidades, poderemos deseñar as actuacións necesarias para darlles resposta, e facer así entre todas/os que este concello sexa un lugar mellor.