Lista de admitidos, tribunal e data de exame do proceso de selección dunha praza de traballador/a social
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data dictóuse a seguinte:
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.- En relación co proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo completo dun/dunha TRABALLADOR/A SOCIAL. RESOLVO: 1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas: -Presidente: *D. Rafael Sánchez Bargiela. -Vocais: *Dna. Myriam Buján Garrido. *D. Francisco Javier Antoñón Clemente. *D. José Ángel Fernández Rodríguez. -Secretaria: *D. Irene Suárez López. 2º.-Designar como aserora do Tribunal avaliador á traballadora social deste Concello: *- Dª Carmen González Fernández. 3º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados. 3º.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes para o día 21 de febreiro de 2011, ás 13:00 horas nas dependencias do Telecentro de Comuncacións do Concello de Tui, sito no Edificio Área Panorámica, Rúa Colón, nº 2, para a realización do proceso de selección. E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a dezaoito de febreiro de dous mil once. Visto e Prace O ALCALDE




