As Rutas de Natureza convidan a percorrer este sábado a Senda Botánica coa Fada do Aloia
O Concello de Tui, dentro do programa Rutas de Natureza, convida a descubrir os encantos do Parque Natural Monte Aloia da man da Fada do Aloia nunha ruta guiada este próximo sábado, 1 de xuño, pola Senda Botánica.
A saída será ás 10.00 h dende o aparcamento situado nas proximidades do Centro Interpretación. No percorrido pola Senda Botánica as persoas participantes, seguindo as indicación de A Fada do Aloia, poderán coñecer algunhas as especies, tanto de flora coma fauna, que hai neste parque natural. A ruta con dificultade baixa.