O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño acada 1,5 millóns de euros para o seu Plan de Sostibillidade Turística en Destino
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa dando pasos adiante para ofrecer un turismo de calidade, sostible, profesionalizado e inclusivo. Liderado por Eu Rural e coa implicación dos 14 concellos do territorio, o Xeodestino vén de conseguir 1,5 millóns de euros para o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino, ‘A Despensa de Galicia’, que busca transformar o modelo turístico do territorio en base ao potencial da súa enogastronomía.