O “Setembro xudeu” celébrase en Tui con doce actividades
Tui afondará na súa rica historia e patrimonio coa celebración do “Setembro xudeu”, unha oferta de actividades que resaltan o papel histórico da cidade e o seu patrimonio vinculado coa presenza dunha comunidade xudía e criptoxudía ao longo de varios séculos.
Ao longo deste mes de setembro ata doce propostas afondarán no coñecemento deste acervo histórico: visitas guiadas, música, gastronomía, películas, un programa semanal na Radio Municipal de Tui e outras actividades achegaran aos participantes a esta ampla oferta de carácter cultural e turístico.




