Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Reabre o Centro de Interpretación “Tui, Porta do Camiño Portugués a Santiago” no convento de San Domingos

Undefined

O Centro de Interpretación “Tui, Porta do Camiño Portugués de Santiago”, situado no convento de San Domingos, en pleno trazado do Camiño de Santiago, está novamente aberto ao público.

Alumnos e profesores do Obradoiro de Emprego xunto a técnicos da Oficina de Turismo son os encargados de atender aos visitantes que se acheguen até este punto, podendo realizar tamén aquí o selando a Credencial do Peregrino. O horario de apertura é de luns a venres de 9 a 14 h.

Este venres comezan as visitas guiadas á Xudería de Tui

Undefined

Este venres póñense en marcha as visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico de Tui centradas este ano no patrimonio xudeu. Realizaranse os venres, sábados e domingos ás 20 h con saída dende a Oficina de Turismo, na praza de San Fernando, cun percorrido pola xudería tudense con lugares coma a Sinagoga, a Casa de Salomón, a menorá da Catedral, entre outros elementos. Será conducida polo historiador tudense Suso Vila.

O 31 de xullo remata o prazo para presentar as solicitudes ao plan Rexurbe

Undefined

O Concello de Tui lembra que até o 31 de xullo está aberto o prazo para que os propietarios de vivendas no conxunto histórico de Tui poidan presentar a súa solicitude á oferta de compra que realiza a Xunta de Galicia a través do Plan Rexurbe. Ao abeiro deste plan o IGVS destinará 300 mil euros á adquisición de inmobles situados no conxunto histórico de Tui para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.  

Mañá ás 20 h descubrirase a placa do Paseo Familia Álvarez Blázquez

Undefined

Mañá sábado, 8 de xuño, ás  20 h terá lugar o descubrimento da placa do Paseo Familia Álvarez Blázquez, tras o acordo unánime da corporación municipal en pleno o pasado mes de abril.

O acto comezará na Glorieta de Vigo coa recepción dos membros da familia Álvarez Blázquez e convidados por parte da corporación municipal en funcións.

Os Arquivos Municipais de Valença e Tui realizan un obradoiro de Preservación e Conservación de Documentos en Papel

Undefined

Os arquivos municipais de Valença e Tui desenvolveran unha actividade conxunta para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Arquivos no ámbito do Eurocidade Tui – Valença.

Trátase dun Obradoiro de preservación e conservación de documentos en papel que impartido no Arquivo Municipal de Tui por persoal técnico do Arquivo Municipal de Valença. Este obradoiro celebrarase o vindeiro xoves, 6 de xuño, a partir das 10 h cunha duración aproximada de catro horas.

O Concello de Tui porá en valor os petróglifos de Rozacús e do Alto do Coello en Randufe

Undefined

O Concello de Tui vai pór en valor os petróglifos de Rozacús e do Alto do Coello en Randufe, no que vai investir 12.826 € procedentes dunha achega da Deputación de Pontevedra para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural dirixidas a concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2019.

O Teatro Principal e a escultura de Rosendo Salvado obxecto de dúas exposicións que se poderán visitar nas Festas de San Telmo

Undefined

Este sábado, 20 de abril, ás 20 h na sala Xacobeo da Área Panorámica terá lugar a inauguración das exposicións “Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal” e “70 anos da escultura de Rosendo Salvado” que forman parte do programa das Festas de San Telmo.

 

O Concello de Tui recibiu hoxe os bens da extinta Fundación Teatro Principal de Tui

Undefined

Na mañá de hoxe tivo lugar na casa do concello de Tui a formalización da aceptación da cesión de bens da Fundación Teatro Principal ao concello. No acto estiveron o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente da Fundación Teatro Principal de Tui José Antonio Quiroga e a secretaria Ester Casal. 

Ábrese a inscrición para participar nun concerto de campás nas Festas de San Telmo

Undefined

Ábrese o proceso de inscrición para aquelas persoas que desexen participar no taller e no concerto “As Badaladas de San Telmo” que terá lugar do venres 26 ao domingo 28 de abril, en diferentes campanarios tudenses. Dirixido por dúas persoas especialistas de recoñecemento internacional e coa coordinación artística do festival Música no claustro, este concerto súmase á sensibilización e ó coñecemento do toque manual de campás coma patrimonio cultural inmaterial.

Pages

Subscribe to RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico