Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O patrimonio arqueolóxico centra mañá a vista guiada do Instituto de Estudos Tudenses

22/07/2024

O arqueólogo Benito Vilas Estévez conducirá o percorrido “Arqueoloxía no Alto do Coello e Rozacús”

Mañá martes, 23 de xullo, terá lugar a segunda visita do ciclo “Coñecendo o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses. Nesta ocasión estará centrada na “Arqueoloxía do Alto do Coello e Rozacús” na parroquia de Randufe. Esta visita estará a cargo do arqueólogo Benito Vilas Estévez, que foi o responsable da intervención realizada neste espazo no ano 2020, e que sinala que este xacemento ten a singularidade de presentar exemplos de diferentes épocas nun mesmo espazo: hai figuras xeométricas, naturalistas e ata medievais. Hai pedras dende a Idade do Bronce ata a Idade media, testemuñas da arte dende hai 6.000 anos.

A visita dará comezo ás 20.30 horas no propio Alto do Coello na parroquia de Randufe. Esta visita conta coa colaboración da Comunidade de Montes en Man Común de Randufe e o Concello de Tui.

Este programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” está organizado polo  Instituto de Estudios Tudenses, co obxectivo de difundir o amplo acervo patrimonial que atesoura a nosa cidade. As visitas son realizadas por especialistas do propio Instituto, contando coa colaboración do Concello de Tui.

O aforo para estas visitas é limitado e a inscrición é gratuíta a través do correo: biblioteca@tui.gal  indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e visita elixida (enviando unha mensaxe por cada ruta).

Para a concelleira de Turismo tudense, Ana María Núñez Álvarez, este ciclo de visitas guiadas é unha excepcional oportunidade de achegarse ao patrimonio tudense, descubrindo novos aspectos do mesmo, que redundará nunha maior valoración e respecto polo segundo conxunto monumental de Galicia. Ana Núñez destaca a excelente acollida deste ciclo de visitas guiadas como testemuña o feito de que a demanda de inscrición foi moi alta con varias visitas con poucas prazas libres nestes momentos.

 

O programa de visitas é o seguinte:

 

Martes 23 de xullo

“Arqueoloxía no Alto do Coello e Rozacús” por Benito Vilas, arqueólogo

Inicio: Alto do Coello – Randufe, 20,30 horas

 

Mércores 31 de xullo

“El proceso constructivo de la catedral tudense a través de su exterior” por Marta Cendón Fernández, profesora da USC.

Inicio fachada norte da Catedral (Rúa Párroco Manuel Rodríguez Vázquez) – 20,30 h.

 

Xoves 8 de agosto

“Transformacións da cidade de Tui a través dos seus recintos amurallados” por Juan José Perles Fontao, arqueólogo.

Inicio Praza do Concello – 20,30 h.

 

Martes 13 de agosto:

“Santo Domingo de Tui, ejemplo de arquitectura mendicante en Galicia “ por Carmen Manso Porto, de la Real Academia de la Historia

Inicio: Igrexa de San Domingos – 20,00 h.

 

Martes 20 de agosto

"Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II" por Suso Vila, doutor en historia da arte pola USC

Inicio; Oficina Municipal de Turismo (Paseo da Corredoira) – 20,00 h.