A hostalería de Tui poderá abrir dende o venres pero só en terraza
Ás 00 h deste venres, 4 de decembro, entrará en vigor unha suavización das restricións en Galicia segundo avanzou a Xunta de Galicia.
Tui continúa no nivel máximo de restriccións fixado para aqueles concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia acumulada a 14 días igual ou maior de 250.