Tui pecha instalacións municipais de carácter cultural e deportivo ao entrar en alerta vermella por COVID 19
Tui entrou esta mañá en alerta vermella por COVID 19 segundo o mapa da Xunta. Ante esta situación o Concello de Tui acordou o e peche das instalacións municipais de carácter deportivo e cultural, coa salvidade da Biblioteca e do Teatro, e dos pavillóns onde se celebren competicións federadas e actividades escolares.