Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno ordinario este xoves ás 20 h

25/01/2022

A corporación municipal de Tui reúnese este xoves, 27 de xaneiro, ás 20 h en sesión plenaria nº 1/2022 de carácter ordinario correspondente ao presente mes de xaneiro. A orde do día é a seguinte: 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 6/2021 celebrada o 25/11/2021.

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central 

3º.- Expediente 2681/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 23/12/2021, de desestimación da concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "substitución de fiestras" no inmoble sito na rúa Ordóñez, 10”.

4º.- Expediente 450/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/12/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "acondicionamento de vivenda" sita na rúa San Telmo, 7.

5º.- Expediente 2438/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/12/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "limpeza de tellado e substitución de tellas rotas en alpendre" sito na rúa San Bartolomé, 6.

6º.- Expediente 313/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta de alcaldía de data 17/01/2022, de delegación na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para prazas de auxiliares de policía, prórroga do convenio e designación de membros da Comisión de Seguimento.

7º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 20/01/2022, favorable á proposta presentada pola voceira do BNG de data 28/09/2021 relativa á moción sobre proposta de uso do edificio Camfran (rexistro núm. 2021-E-RC-6958 de data 29/09/2021).

8º.- Expediente 114/2022. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, para apoiar que se dedique un Día das Letras Galegas ao poeta e ensaísta de Isorna, D. Faustino Rey Romero, sumándose á proposta do Concello de Rianxo.

9º.- Expediente 658/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, relativa á proposta de adxudicación do contrato da prestación do “Servizo de Axuda no Fogar. Prestación básica e dependencia (SAF).

10º.- Expediente 1409/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, relativa á proposta de adxudicación do contrato de "Servizos de limpeza de dependencias".

11º.- Expediente 164/2022. Proposta da concelleira delegada de Facenda de data 24/01/2022, de aprobación de expediente nº 1/2022 de recoñecemento extraxudicial de créditos.

12º.- Mocións de urxencia.

B) Actividade de control:

13º.- Expediente 2705/2019. Dación de conta da proposta de informe de data 29/12/2021 en relación ao recurso especial en materia de contratación nº 294/2021 presentado ante o TACGal pola mercantil HERCE ICR APARCAMIENTOS SL, contra a adxudicación da contratación de concesión de obra pública do aparcadoiro soterrado, e da resolución nº 18/2022 de data 21/01/2022 do TACGal.

14º.- Expediente 2520/2021. Dación de conta do Plan Orzamentario 2022-2024 a medio prazo do Concello de Tui.

15º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de decembro de 2021 e xaneiro de 2022.

16º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía de núm. 2021-1792, de 22/11/2021 ata o núm. 2022-0076, de 22/01/2022.

C) Rogos e preguntas:

17º.- Rogos e preguntas.