Precintada e vallada a zona inferior do Parque Infantil dos xardíns de Troncoso ante os numerosos actos vandálicos rexistrados
O Concello de Tui procedeu esta mañá ao precintado e vallado da parte inferior do Parque Infantil situado a carón dos Xardíns de Troncoso, no Paseo Familia Álvarez Blázquez. Esta decisión vén motivada polos reiterados actos vandálicos que estaban a rexistrarse nos distintos elementos do parque que foran renovados recentemente tras o seu acondicionamento para cativos e cativas de 0 a 5 anos, cun investimento de 13.752,38€, e que estaban aínda pendentes de rematar polo que esta zona estaba xa precintada.