Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A cota trimestral da taxa do lixo será de 21,19 € para os establecementos que tiveron que paralizar a súa actividade pola pandemia

Undefined

O Concello de Tui aplicará aos establecementos que tiveron que permanecer pechados durante o estado de alarma ou na actualidade coma consecuencia das medidas restritivas que están vixentes en Tui a mesma cota trimestral da taxa anual do lixo que ás vivendas, no período no que estiveron sen actividade. 

O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar na Sala Municipal

Undefined

O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Baixo o título de “Fillos do océano” o fotógrafo Javier Teniente reúne máis de setenta instantáneas que ao longo de varios anos tomou nos cinco continentes. A mostra forma parte do proxecto “Corrente cultural” que propicia a colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Tui

A Policía Local controlou máis de 500 vehículos na fin de semana ante o peche perimetral do municipio

Undefined

A vixilancia do cumprimento das novas medidas restritivas que o sábado entraron en vigor en Tui xunto á restrición á mobilidade de 23 a 6 h centraron as actuacións da Policía Local de Tui durante a fin de semana.

Tramitaron 6 denuncias polo incumprimento do toque de queda, polo peche perimetral, e por viaxar nun mesmo vehículo persoas non convivintes, algo que non está permitido en Tui dende o sábado.

Tui levará a pleno nas próximas semana o PEPCHA para a súa aprobación definitiva tras o informe favorable de Urbanismo

Undefined

Nas próxima semanas, ben á sesión ordinaria deste mes ou a unha extraordinaria, será levado a pleno o Plan especial de protección do conxunto histórico, PEPCHA, para a súa aprobación definitiva tras recibir hoxe a notificación do informe favorable por parte da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Ás 00 h deste sábado entra en vigor o peche perimetral e as novas medidas restritivas en Tui ante a situación sanitaria no municipio

Undefined

(Actualización sábado 12 de decembro ) →

En Tui continúa o peche perimetral e as restricións máximas:

  • Hostalería aberta ata as 17 h co 50% de aforo no exterior
  • Agrupacións de máximo 4 persoas

+ información


 

O Concello de Tui implanta novas medidas para garantir a atención en todos departamentos

Undefined

O Concello de Tui vén de adoptar novas medidas para garantir a atención á cidadanía e a continuidade da tramitación administrativa en todos os departamento no caso de detectarse positivos por COVID19 no persoal municipal.  A actual situación de Tui en alerta vermella, sumado ao incremento no número de pacientes con infección activa tanto na Área Sanitaria de Vigo coma Galicia, e a  nivel estatal, xunto aos 3 casos confirmados nas últimas xornadas entre persoal municipal levan a toma destas medidas.

Tui establece medidas e recomendacións no cemiterio municipal ante a celebración de Todos os Santos

Undefined

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e previr e conter a covid 19 ante situación de pandemia que estamos vivir o Concello de Tui establece unha serie de limitacións e recomendacións ante a celebración da festividade de Todos os Santos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, emitiu esta mañá un bando onde explica que ante a celebración da festividade de Todos os Santos na que produce unha asistencia masiva de persoas ao Cemiterio Municipal se establecen diversas medidas e recomendacións.  

O alcalde de Tui visitou hoxe as instalacións do refuxio de animais onde viven actualmente 85 cans

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou esta mañá o refuxio de animais situados en Guillarei onde a Protectora de Animais Aloia atende na actualidade a 85 cans. O rexedor tudense comprobou as últimas obras de mellora realizadas na estrutura e tellado dos canís, que redundaron nunha mellora da seguridade e do benestar dos animais.  

A Protectora de Animais Aloia leva recollido no que levamos de ano un total de 50 cans. Amais dos 85 que están no refuxio conta amais con outros 40 en casas de acollida, correndo esta asociación de voluntarios con todos os gastos dos mesmo. 

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía