Mañá ás 12h presentación do concurso internacional para reordenar a beira urbana do río en Tui
Mañá mércores, 25 de abril, ás 12h, na sala de reunións da casa do concello de Tui o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Davila, presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo e Simón Pereiro, vogal da Xunta de Goberno do COAG presentarán o concurso internacional de ideas para reordenar a beira do río Miño dende a vella Ponte Internacional até a Alameda de San Domingos.