O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín reuniuse co presidente a Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo para tratar diversos temas relacionados co concello
Na mañá do mércores o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín reuníase en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para tratar diversos asuntos relacionados cos investimentos e obras no Concello de Tui ademais de repasar diversos temas de importancia para Tui, entre eles, a situación dos veciños afectados pola explosión de Paramos.