Tui celebra o Pacto de Tui o 6 e 7 de xullo con concertos de Sondeseu e Teresa Salgueiro
Como se comentara meses atrás, o goberno municipal de Tui aposta pola celebración do Pacto de Tui, unha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa á firma deste tratado que tivo lugar o 4 de xullo de 1137.
 
 





