Broken Peach e dj Gramola poñen a nota musical nas festas de San Telmo mañá xoves
A música será un dos pratos fortes mañá xoves, 5 de abril, na programación das festas de San Telmo. As actuación previstas inicialmente para o venres anticípanse para mañá debido á previsión de choiva que hai para venres. Deste xeito o Paseo da Corredoira acollerá dende ás 19h o Mercado de Autor e Food Trucks coa participación de Pau e Lume, Mis Co-Midas e La chaca. Ás 20h comezará o karaoke no que calquera persoa poderá participar interpretando as súas cancións favoritas.