III Xornadas Educativas
As ANPAS de Tui, coa colaboración do Concello de Tui e do Seminario Menor, organizan as III Xornadas Educativas que se van celebrar no salón de actos do Seminario Menor os xoves 16, 23 e 30 deste mes.
A primeira conferencia o xoves 16, ás 19 h, no salón de actos do Seminario Menor será “Estratexias para crear unha relación de confianza e seguridade dende a infancia ata a adolescencia” a cargo de Teresa Lillo, psicóloga clínica, neuropsicóloga e logopeda de Psicologuiños.