A maxia deste Nadal en Tui transforma rúas e prazas con fermosas decoracións
A maxia deste Nadal transforma as rúas e prazas de Tui, coa beleza dunha decoración única, feita principalmente con materiais reciclados que cobran unha nova vida nestas festas.
Na praza de San Fernando, aos pes da Catedral, un pequeno bosque máxico agocha unha casiña de chocolate, decorada con lambetadas que fan as delicias de grandes e pequenos. As luces, coma estrelas dun firmamento, completan este conto de Nadal.




