Unha ruta ornitolóxica pola beira do Miño pecha as Rutas de Natureza do Concello de Tui
Este próximo domingo, 30 de xuño, rematan as Rutas de Natureza organizadas polo Concello de Tui. Dende o mes de maio estes percorridos por distintos espazos naturais do municipio contaron cunha gran acollida xa que máis de 600 persoas participaron nestas actividades. Realizáronse distintos percorridos pola beira do Miño, polas sendas do río Furnia e do río Tripes, polo roteiro da Pedra Santa e o río Lagartón, a senda botánica no Parque Natural Monte Aloia, pola fortaleza de Valença ou esta fin de semana polos xardíns históricos.




