Catas Gastronómicas
O Mercado de San Antonio acolle dende abril Catas Gastronómicas, froito da colaboración entre o Concello de Tui, a través da concellaría de Turismo, e a axencia Galician Food Experience.
As primeiras sesións celebraranse xoves 17, Xoves Santo, e o venres 18 de abril, Venres Santo, ás 12 h na aula de formación-obrador do Mercado. As persoas asistentes poderán probar dous viños brancos de Tui e un viño de Porto acompañados de produtos como empanada de millo, conservas e doces elaborados en Tui como bica de améndoa ou a tarta de San Telmo.




