Máis de 450 persoas descubriron este verán o Parque Natural Monte Aloia
Máis de 450 persoas participaron nos meses de xullo e agosto no programa Descubrindo o Monte Aloia posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de A Fada do Aloia e de Segmento Divertido. Cada martes ás 10 h saía o tren turístico dende a Oficina de Turismo para ir até o punto de inicio da ruta establecida onde A Fada do Aloia guiaba ás persoas asistentes a través da fauna, a flora e o patrimonio deste espazo natural. No mes de xullo participaron 285 persoas nas seis saídas realizadas e en agosto foron 170 as persoas que gozaron das catro rutas realizadas.