Tui conquistará padais con dezaoito saborosas tapas en marzo
Os venres de marzo chegarán cheos de sabor a Tui grazas á ruta gastronómica Tú-y D’Tapas, promovida por ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.
Dezaoito locais ofertarán ao longo dos catro venres do mes marzo, os días 6, 13, 20 e 27, de 19 a 23 h unha tapa ao prezo de 2,5€.




