Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Tui pon en valor as igrexas parroquiais e a ponte do Mosteiro coa sinalización destes elementos patrimoniais

Undefined

O Concello de Tui pon en valor das igrexas parroquiais coa instalación de sinalización turística nos templos de Santa Mariña en Areas, Santiago de Malvas, Nosa Señora da Guía en Randufe, O Anxo en Pazos de Reis, Santa Comba en Ribadelouro, San Mamede en Guillarei, San Xoán en Paramos, Santiago en Baldráns e San Martiño en Caldelas. Tamén se procedeu a sinalizar outros elemento patrimonial destacado coma é a Ponte do Mosteiro en Pexegueiro.

Veciños de Valenzuela, Córdoba, realizarán este xoves unha alfombra de serraduras na Corredoira

Undefined

Un grupo de case cen veciños e veciñas do municipio cordobés de Valenzuela ,que están realizando o Camiño de Santiago, confeccionaran unha alfombras de flores ao longo da mañá deste xoves, 25 de agosto, no céntrico paseo da Corredoira fronte á Oficina Municipal de Turismo.

A Oficina de Turismo de Tui acolle unha exposición de Rosa Mª Vila

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo de Tui, no Paseo da Corredoira, acolle até finais de setembro unha mostra de cadros da tudense Rosa Mª Vila. Realizados en plumilla e acuarela retrata distintos lugares do conxunto histórico coma o túnel da Misericordia, as  rúas San Telmo ou Entrefornos, o pórtico da Catedral ou o Paseo da Corredoira, xunto a outros lugares coma a cruz do Monte Aloia ou a vella Ponte Internacional. Amais presenta dous óleos un dunha panorámica da cidade dende a beira portuguesa do Miño e outra dun tramo do sendeiro dos muíños do río Tripes.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu en xullo a máis de 7.500 persoas

Galego

A Oficina Municipal de Turismo de Tui, situada no Paseo da Corredoiro, atendeu durante o mes de xullo a 7.584 persoas que solicitaron información turísticas sobre a cidade ou sobre o Camiño Portugués a Santiago. En concreto das máis de 7.500 persoas que se achegaron até este punto 2.236 eran peregrinos e 5.348 turistas.  . Esta cifra supera amplamente as 2.873 persoas que foran atendidas no mes de xuño.

Mañá comeza a funcionar o autobús directo entre Tui e praia América

Undefined

Mañá sábado comezará a funcionar unha liña directa de autobuses entre Tui e Praia América. A viaxe de ida será ás 12 h e o regreso ás 19.00 h. A duración do traxecto é de 40 minutos. 

Este novo servizo é activado pola Xunta de Galicia tras a petición realizada dende o Concello de Tui.  Manterase dende mañá e até finais do mes de agosto. Deste xeito dende Tui contarase cunha conexión directa con praia América en Nigrán.

Máis de 5 mil membros e 2 millóns de impactos do perfil Camino Portugués Tui en Facebook

Undefined

Máis de 5 mil membros e 2 millóns de impactos, son dúas da cifras destacadas do perfil “Camiño Portugués. Tui” na rede social Facebook promovida polo concello de Tui en xullo de 2020. Naceu co obxectivo de cubrir unha das eivas que se detectaban na promoción da ruta xacobea ao seu paso pola cidade e a súa escasa presenza nas redes sociais, especialmente en Facebook, xa que esta rede social é a máis empregada no ámbito da peregrinación.

A Asemblea xeral da Red de Juderías de España abordou os proxectos do segundo semestre do ano

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistiu o pasado venres, 24 de xuño,  á 60ª Asemblea da Red de Juderías de España - Caminos de Sefarad que tivo lugar en Lucena, onde se abordaron os proxectos presentes e os retos futuros desta entidade.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo