Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Constituída a Mesa Local do Camiño de Santiago coma órgano permanente de contacto entre a administración e os axentes económicos implicados nesta vía xacobea

Undefined

A pasada semana constituíuse no Concello de Tui a Mesa do Camiño de Santiago, un órgano que ten por obxectivo a cooperación entre os axentes públicos e privados implicados na xestión do Camiño de Santiago no municipio. Forman parte da mesa o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, xunto a dous representantes do sector da hostalería, dous do sector da restauración, e dous representantes doutros servizos aos peregrinos.

Tui acolle dende mañá a exposición “Descubre Sefarad”

Undefined

Dende mañá venres, 22 de novembro, e até o sábado 14 de decembro poderá visitarse na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio “Francisco Sánchez”, a exposición “Descubre Sefarad”. A mostra está organizada pola Red de Juderías de España, na que recentemente se ten integrado o Concello de Tui.

Exposición Descubre Sefarad

Do venres, 22 de novembro, e até o sábado 14 de decembro pode visitarse na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio “Francisco Sánchez”, a exposición “Descubre Sefarad”. A mostra está organizada pola Red de Juderías de España, na que recentemente se ten integrado o Concello de Tui.

II Concurso de Microrrelatos da Red de Juderías de España

Undefined

A Red de Juderías de España, da que forma parte o Concello de Tui, convoca o II Concurso de Microrrelatos, dentro do programa educativo Bejamín de Sefarad. O obxectivo deste certame é espertar a afición pola escritura, a imaxinación e a capacidade para descubrir experiencias e o seu entorno polo alumnado e dar a coñecer entre os máis pequenos o legado xudeu das cidades que están integradas na Rede.

Presentación do III Congreso Internacional Camiño Portugués de Santiago

Undefined

O próximo luns, 11 de novembro, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do Concello de Tui terá lugar a presentación do III Congreso Internacional Camiño Portugués de Santiago: un patrimonio cultural para a nova Europa que se vai celebrar do 14 ao 16 de novembro en Tui e Valença. Está organizado polo Grupo Compostela de Universidades.

“Enmarcando a historia” de Héctor Martínez gañou o I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

Undefined

Héctor Martínez de Guillarei coa fotografía “Enmarcando a historia” foi o gañador do I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui convocado pola Concellería de Turismo. A súa fotografía na que aparece el mesmo emulando coas súas mans, as mans do sorporte que sostén o marco colocado na zona axardinada na rúa Martínez Padín, a carón da área de autocaravanas, foi considerada a máis orixinal das que se que presentaron ao concurso. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, fíxolle entrega a Héctor Martínez do premio consistente nunha figura réplica do pórtico da catedral.

Música, raid e coches clásicos esta fin de semana en Tui

Undefined

Esta fin de semana son varias as citas de lecer e deportivas que se celebran en Tui nas que colabora o Concello de Tui.

No eido musical, como celebración dos Días Europeos do Camiño de Santiago, temos unha dobre proposta. Mañá sábado, ás 18 h, na Catedral de Tui  poderanse escoitar distintas composicións inspiradas no Camiño de Santiago, escritas por compositores e compositoras galegos e portugueses. Será no concerto “Música en Camiño” organizado pola CEER, a Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo