Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto até o 16 de novembro o prazo para solicitar as bolsas para ensinanzas musicais

20/10/2022

Até o 16 de novembro está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais do curso 2021/22. No BOPPO número 199 do pasado martes, 18 de outubro de 2022, publicouse extracto do acto do acordo do 7 de outubro de 2022 da Xunta de Goberno Local, pola que se convocan as bolsas e se aproba as Bases Particulares Reguladoras da convocatoria de Becas de Estudio para Ensinanzas Musicais no Conservatorio Profesional e na Escola de Música de Tui. 

Poderán solicitar as bolsas as persoas matriculadas no Conservatorio de Grao Profesional e na Escola de Música, e empradroadas en Tui, pertencentes a unidades familiares con ingresos brutos anuais ponderados que non superen 3 veces o IPREM de 2021 (23.725,81€). Denerán ter o curso anterior completo aprobado excepto para os que inicien estudos neste periodo lectivo, neste caso deberán estar matriculados na totalidade das materias correspondentes ao primeiro ano.