Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Apertura das inscricións para a Carreira Popular de San Telmo 2024

Undefined

Hoxe venres, 8 de marzo, abriu o prazo de inscrición para a Carreira Popular de San Telmo 2024, proba deportiva organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, que terá lugar o sábado 6 de abril, a partir das 11.00 horas, dende o Paseo da Corredoira. Como en anteriores anos a carreira terá carácter solidario a favor da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño.

A XI Eurocidade BTT celebrarase o 17 de marzo agardando reunir a 1200 participantes

Undefined

A XI Eurocidade BTT, que se celebrará o domingo 17 deste mes, aspira a reunir a 1.200 participantes nunha proba única de carácter transfronteirizo. Este evento, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, foi presentado este mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, o seleccionador da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez, o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas organizadores da BTT, Eduardo Fernández, así como o ciclista local Manuel Bugallo.

Presentación da XI Eurocidade BTT que forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024

Undefined

Mañá mércores, 6 de marzo, ás 12.00 horas españolas, na rúa Olímpicos Tudenses xunto aos  Centros Municipais de Piragüismo e Remo, terá lugar a presentación da XI Eurocidade BTT. Esta proba de ciclismo de montaña está organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. Celebrarase o domingo 17 de marzo.

Renovado o pavimento da terraza do CETD de piragüismo e remo de Tui

Undefined

A folla de ruta do equipo de goberno de Tui respecto as instalacións deportivas municipais, cuxo obxectivo principal, ademais do fomento, promoción e difusión do deporte, é a de manter as instalacións deportivas de titularidade municipal ao nivel dos clubs deportivos e deportistas que as utilizan, ven de cumprir outro paso máis, nesta ocasión coa substitución do chan de madeira da terraza do Centro Especializado en Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo, o chamado Centro Interfederado.

Calendario Deportivo da Eurocidade

Este é o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença para este ano 2024.

1.- CIRCUITO DE ANDAINAS SAUDABLES DA EUROCIDADE

  • Mensual desde marzo
  • Organización: Club AndaTui Rego da Pedra e Club Celtas do Minho

 

2.- TRAIL DO MONTE ALOIA

  • 10 e 11 de febreiro de 2024
  • Organización: Noko 360

 

3.- TT EUROCIDADE JEEPS

  • 2 de marzo
  • Organización: Club Tracçao As 4

 

4.- XI EUROCIDADE BTT

Trece eventos deportivos reunirán máis de 7 mil persoas na Eurocidade Tui-Valença este 2024

Undefined

Trece eventos deportivos que se van desenvolver entre os meses de febreiro e decembro conforman o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença que foi presentado este mediodía na Cámara Municipal de Valença. Prevese que participen nestas actividades deportivas máis de 7 mil persoas.

Trail do Aloia

"Nado para a montaña" é o lema este ano do Trail do Aloia que se vai celebrar o sábado 10 e o domingo 11 de febreiro. 

Este ano, os muiños, sendeiros, fervenzas e restos arqueolóxicos do Parque natural do Monte Aloia formàrán parte do circuito do “Speed Trail”, de 10 km e 400 m de desnivel, e do “Grand Trail”, de 20 km e 950 m de desnivel que es celebrarán o domingo 11.

Presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024

Undefined

Mañá mércores, 7 de febreiro, ás 12.00 horas españolas, no salón de plenos do edificio da Cámara Municipal de Valença, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024, que contará con 14 eventos deportivos, organizados por diferentes asociacións deportivas de Tui e Valença, así como por empresas especializadas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes