O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Cumbia, cha-cha-cha, valses, fox-trot, tango… serán algúns dos bailes protagonistas ao longo desta fin de semana en Tui coa celebración do XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença que vai reunir a máis de 600 bailaríns e bailarinas nas distintas modalidades.
Os e as participantes chegarán dende distintos puntos de Galicia e de España coma Mallorca, Extremadura, Cantabria, Canarias, ou Madrid, e tamén de Portugal, mesmo dende Madeira para competir nas distintas probas previstas en dúas xornadas maratonianas o sábado dende ás 10 h e o domingo dende ás 8 h.
Mañá mércores 29 de outubro, ás 12.00 h, no edificio multiusos da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do XI Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade, proba que forma parte do Circuíto Ibérico de Baile Deportivo, organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e as Federacións Española, Galega e Portuguesa de Baile Deportivo. Celebrarase este sábado 1 e domingo 2 de novembro, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui.
O Concello de Tui, na súa aposta polo deporte, incrementou até os 15 mil euros a partida destinada á concesión de becas a deportistas tudense que teñan participado en competicións federadas de ámbito internacional. Tendo en conta o alto número de deportistas solicitantes en ano anteriores a partida destinada a estas becas sobe en 5 mil euros, ao pasar dos 10 mil destinados a este fin en 2024, aos 15 mil deste ano 2025.
A organización da IV San Silvestre Solidaria Tudense reuniuse esta mañá para planificar a proba deportiva que se celebrará o mércores 31 de decembro, a partir das 10.30 horas. Agardan superar a cifra de participantes da edición pasada, na que máis de 1.900 persoas celebraron o fin de ano de xeito deportivo, festivo e solidario, sendo as doazóns a favor da Asociación Española Contra o Cancro.
O Concello de Tui vén de abrir o prazo de recepción de candidaturas para os Premios Deporte Tudense 2025 que se entregarán na Gala do Deporte Tudense. Este evento celebrarase o venres 28 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Teatro Municipal de Tui.
O sábado, 29 de novembro, celebrarase o sábado 29 de novembro na Eurocidade Tui-Valença a IX Urban Trail Night Eurocidade Tui-Valença. Sairá ás 19.30 h ES do Centro Coordenador de Transportes de Valença e a liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira en Tui.
Haberá dúas distancias, de 8 e 16 quilómetros. As inscricións están xa abertas, até o 26 de novembro, en http://www.urbantrailnight.com/.
O domingo 2 de novembro celebrarase a terceira edición de “2 Leguas” a proba de 9.560 metros que transcorrerá entre Tui e Valença. As madriñas da proba serán Manuela Machado e Julia Vaquero.
A proba raíña, de 10 kms, transcorrerá por lugares coma a vella Ponte Internacional, a fortaleza de Valença ou o conxunto histórico de Tui.
Haberá outras probas coma a “Leguaziña” de 500 metros para participantes de 7 a 11 nos, e a mini-Legua de 1,5 kms para os que teñan entre 12 e 17 anos.
Haberá también una andaina de 5 kms.
O sábado 1 e o domingo 2 de novembro celebrarase o XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença no pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez. Será en horario de 10 a 20 h.
Será campionato galego Xunta de Galicia de 10 bailes e forma parte do circuíto ibérico. A entrada por día terá un prezo de 9€.