VI Regata Cidade de Tui de Remo
O sábado, 28 de setembro, a partir das 9.30 h, celebrarase en augas do río Miño en Tui a VI Regata Cidade de Tui de Remo. Está organizada polo Club Remo Tui coa colaboración do Concello de Tui.
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
O sábado, 28 de setembro, a partir das 9.30 h, celebrarase en augas do río Miño en Tui a VI Regata Cidade de Tui de Remo. Está organizada polo Club Remo Tui coa colaboración do Concello de Tui.
O pavillón municipal de deportes Gustavo Rodríguez acollerá o sábado 5 e o domingo 6 de outubro o Trofeo Concello de Tui 2024 de Baile Deportivo que será circuíto ibérico. A entrada terá un prezo de 8€/día.
O MUMI pechou hoxe a súa quinta edición despois de catro intensos días de actividade. Máis de 250 profesionais participaron no mercado que conecta as músicas galegas e portuguesas e que ofrece un espazo de encontro para a industria musical dos dous territorios. As roldas de negocios en formato speedmeetingsucedéronse durante o venres e o sábado, con cheos durante as dúas xornadas e uns resultados finais case 350 encontros entre programadores e artistas.
Esta fin de semana Tui acollerá a derradeira proba do Campionato de España de Radiocontrol Térmico, na que se decidirá o título nacional. Máis de 12 pilotos teñen formalizado xa a inscrición nas catro categorías establecidas. O sábado, no circuito con forma de M de 100 x 50 metros fronte á gradas da rúa Olímpicos Tudenses, disputaranse as dúas primeiras mangas, ás 12 h e ás 16.30 h, e o domingo terá lugar terceira manga e a entrega de premios. A presentación desta competición tivo lugar esta mañá.
Tui prepárase para vivir mañá martes, 27 de agosto, na rúa o paso da décima etapa de La Vuelta. Afeccionados ao mundo do ciclismo e público en xeral poderán vivir a pé de rúa o paso da volta ciclista a España polo municipio.
Tras saír dende Ponteareas La Vuelta chegará a Tui dende Salvaterra entrando por Caldelas, Paramos, Baldráns e Guillarei para continuar polo centro urbano pola Avenida da Concordia, Calvo Sotelo, Augusto González Besada e Martínez Padín, para proseguir pola estrada da Guarda cara Areas e Tebra, en Tomiño, Oia e rematar en Baiona.
O sábado 24 de agosto celébrase na rúa Loureiro,en San Bartolomeu a Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu.
Xuntanza Cabalar San Bartolomeu
Data: Sábado, 24 de agosto
Lugar: rúa Loureiro
Programa:
Miles de persoas participarán este sábado, 24 de agosto, en Tui na Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu, a segunda das dúas que anualmente se celebran na cidade xunto á de San Telmo. Esta é unha cita secular que conta con gran tradición e que nos últimos anos ten dado un gran a nivel cualitativo e cuantitativo que a sitúa entre as máis relevantes e importantes das que se celebran en Galicia.
Preto de 600 padeeiros e padeeiras participaran este sábado no 53ª Descenso Internacional que sairá ás 17 h dende Salvaterra para iniciar un percorrido de 14 quilómetros até chegar – en pouco máis dunha hora - á liña de meta que estará situada fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses, en Tui. A proba, que será Campionato de España de Ríos, presentará un gran nivel deportivo con 400 embarcacións pertencentes a 73 clubs.
Mais de catrocentas cincuenta persoas, tanto veciñanza como visitantes, teñen participado no ciclo de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui. Téñense realizado nos meses de xullo e agosto nun programa que abrangueu ata seis visitas guiadas por outros tantos especialistas.
Mañá mércores, 21 de agosto, ás 12 h, na rúa Olímpicos Tudenses xunto ao Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez terá lugar a presentación do 53º Descenso Internacional do río Miño que se vai celebrar este sábado, 24 de agosto, entre Salvaterra e Tui. Este ano será Campionato de España de Ríos.