Cinema Moon, o meu amigo panda
A praza de Frómista, no conxunto histórico de Tui, acolle o venres, 14 de agosto, ás 22.15 h a proxección de "Moon, o meu amigo panda", dentro da programación cultural do verán. A entrada é libre.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
A praza de Frómista, no conxunto histórico de Tui, acolle o venres, 14 de agosto, ás 22.15 h a proxección de "Moon, o meu amigo panda", dentro da programación cultural do verán. A entrada é libre.
Mañá martes, 11 de agosto, continua o ciclo de visitas guiadas que promove o Instituto de Estudios Tudenses, ao longo dos meses de xullo de agosto, cunha visita ao mosteiro de O Salvador de Ganfei e á figura de San Teotonio, natural desta freguesía de Valença. A visita comezará no propio mosteiro ás 20.30 h ES.
Dentro dunha semana, o sábado 15 de agosto, Tui vivirá a Festa do Miño coa gastronomía e a música coma protagonistas. A cita estará na rúa Compostela na que se vai celebrar a festa gastronómica pondo en valor os pratos típicos galegos, tendo cabida tamén outras elaboracións, e onde sempre atopamos novas propostas. Da man de dez asociacións culturais dende ás 20 h poderanse degustar, a prezos que oscilan entre o 1 e os 4 euros, gran variedade de produtos.
As asociacións culturais tudenses que desexen participar na XIV Festa Gastronómica o sábado 15 de agosto, na rúa Compostela, poderán presentar a súa solicitude hoxe xoves e mañá venres 31 de xullo a través da sede electrónica do Concello de Tui.
Só participarán ás 11 primeiras asociacións culturais que presenten a solicitude por rexistro de entrada e que estean inscritas no rexistro municipal de asociacións.
As bases desta convocatoria poden consultarse en tui.gal e na sede electrónica.
Solicitude Inscrición XIV Festa Gastronómica 2026 - Editable
Bases e inscrición XIV Festa Gastronómica 2026
Do sábado 1 ao venres 7 de agosto celébrase no Claustro da Catedral de Tui o XX Música no Claustro, Festival de música, patrimonio e creación.
Os concertos teñen entrada libre. Todos comezan ás 21 h. A programación é a seguinte:
A Igrexa de San Domingos será o escenario esta fin de semana de dous espectáculos dentro da programación cultural do verán ao abeiro do ciclo Cultura no Camiño.
Mañá sábado ás 20.30 h actuará o dúo Doa formado por Susana de Lorenzo e Xoán Piñón, que contarán coa colaboración musical de Fran Castro e Carlos Castro. Esta histórica agrupación galega, creada en 1978, interpretará temas de folk de vangarda que conquistarán ao público. Non faltarán as sorpresa a parte final do concerto.
Cultura, artesanía, gastronomía das dúas beiras do Miño conflúen hoxe na vella Ponte Internacional Tui-Valença.
30 expositores, 8 grupos en directo, foros, presentacións… conforman a Ponte Creativa & Enogastronómica que dentro da programación do IKFEM se celebra hoxe sábado.
Dende as doce do mediodía e até ás doce da noite acollerá esta actividade multidisciplinar que tende novas pontes creativas entre as dúas beiras do Miño.
O folclore volve a ser protagonista en Tui o próximo martes 28 coa celebración da Noite Internacional do Miño que organiza a Asociación Noite Internacional. Unha cita que comezará ás 21.30 h no Parque do Laxal, en Rebordáns, e que contará coa presenza de grupos folclóricos de Indonesia, Francia, Perú e Letonia, así coma o grupo local e anfitrión San Fins de Rebordáns.