Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación do Concurso Nacional de Saltos que se celebrará en Tui do 22 ao 24 de setembro

Undefined

O próximo luns, 18 de setembro, ás 12.30 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Concurso Nacional de Saltos, evento hípico organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. Esta proba deportiva celebrarase do venres 22 ao domingo 24 de setembro, nas instalacións deportivas de Equigalia.

O Consorcio do Louro vai instalar unha planta de enerxía solar na EDAR de Guillarei cun investimento de 430 mil euros

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro vén de iniciar as obras de construción dunha instalación de enerxía solar fotovoltaica na EDAR de Guillarei, en Tui. Trátase dunha planta para autoconsumo de 420 kWp de potencia que contará con máis de 2.000 metros cadrados de paneis distribuídos en catro zonas.

A primeira situarase no chan sobre unha zona axardinada mentres que as outras tres situaranse sobre as cubertas do edificio de control e dos edificios de pretratamento e de tratamento de lodos.

A corporación tudense celebra este xoves,31 de agosto, pleno extraordinario

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 31 de agosto, ás 20 h no salón de plenos da casa do concello sesión plenaria de carácter extraordinaria con 22 puntos na orde do día. 

Orde do Día: 

A) Parte resolutiva:

1º. Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior extraordinaria nº 8/2023, do 11/07/2023.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía